domingo, 28 de agosto de 2011

ciclos

Unha onda empezou a súa andadura
non se sabe cando
nin cando escachará en estrondo
contra a area

ou se o fará
contra os muros graxentos
da cidade
enferma
de papel moeda.


énfase fática


si, podería publicar neste momento
en nome de alguén
descoñecido
un auténtico e luminoso
sinal de sos

pero agora mesmo detecto
graves problemas de transmisión

por iso esta mensaxe mudou
en comunicado fático


morse oblicuo


Non chegarei onde chegan estas ondas
recheas de renuncia por
deshibición persistente
da realidade
en contra.

Fallan todos os parámetros
virtuais
capaces de crear
sensación de simultaneidade insensata
nas
coordenadas oblicuas
da
desolación.



fóra da feira


Choro, logo existo.

Río, é que me estou inventando.

Insisto, reinvéntome
para non vender nin venderme
na feira do control.




xestos



Se non podes entender este libriño que escribo
sería de ben tolos tentar entendérmonos
de ningunha outra maneira.

A escritura é unha mentira limpa.
A fala unha verdade sucia, chea de cháchara.






domingo, 14 de agosto de 2011

viernes, 12 de agosto de 2011

digo eu



verdadeiramente, se nos paramos a pensar.....
coñece alguén a alguén?
coñécese un a si mesmo?
somos igual cando estamos con A que cando estamos con B?
somos sempre o mesmo?
os outros non son proxeccións que facemos de nós mesmos?
que nos permitimos?
cantos cadeados temos?
están todos dispoñibles para seren abertos?




transparencias


Se ela existe, compadézoa
Se non existe, compadézote a ti
Abafando nas propias máscaras
E nas alleas

a invisibilidade é relativa
a visibilidade tamén







hai que ver




Hai que ver como bebemos
e tamén como vivimos
hai que ver o que tal vemos
e como o resistimos