jueves, 17 de mayo de 2012

fondue



- E logo, meu mestre, para que habiamos querer o tempo senón para esgotalo gloriosamente en si mesmo?

- Esgotalo en si mesmo? Que queres dicir con esa parvada?

-  Quero dicir unha celebración permanente do presente, algunha que outra ollada de esguello ao pasado que sempre volve en espiral  e un ir inventando un futuro que se perpetúe ......

- Silencio! Déixame oír fóra do lume o queixo derreténdose entre a pasta aínda quente