o falar non ten cancelas
e o meu corazón
vai desencriptado
fóra das palabras
hoxe traduzo só
a linguaxe do tacto
sintagmas de aloumiños líquidos
os meus beixos paradigmáticos
exploran os territorios da simultaneidade
deste gozo-presencia
en desorde sinestésica
non hai nada que entender
para chegar a tocarte.
sábado, 29 de octubre de 2011
domingo, 23 de octubre de 2011
sábado, 15 de octubre de 2011
FÁLLAME A INSPIRACIÓN
FÁLLAME A INSPIRACIÓN
E SÓBRAME EXPIRACIÓN
Hoxe nin con cervexas
Nin con cava
Dou enfiado nada
Que se pareza a iso que
Adoitamos chamar poesía
Será porque algo falla
Nos recunchos
Máis intimos
Do meu corazón sitiado
Por altofalantes que exudan
Unha melopea inhóspita
De pronomes recheos
De nada a punto de caramelo
CON PERMISO DA REVOLUCIÓN
domingo, 9 de octubre de 2011
POEMA OMNÍVORO
Podo converter
un rumor de remos
rimando remesas de risas
En misas de mesas
Redondas onde amasar
Empanadas de rosas
Dádeme unha panca
E convertireinas
En brisa GRIS
Mentres arrefrían
un par de ovos da casa
e un chouriso da aldea
con patacas do país
PERO isto non significa nada!
Non tiña por que
Pero polo de pronto
Significa
Que como de todo
(Menos carnaza e mocos fosforescentes)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)