- E logo, meu mestre, para que habiamos querer o tempo senón para esgotalo gloriosamente en si mesmo?
- Esgotalo en si mesmo? Que queres dicir con esa parvada?
- Quero dicir unha celebración permanente do presente, algunha que outra ollada de esguello ao pasado que sempre volve en espiral e un ir inventando un futuro que se perpetúe ......
- Silencio! Déixame oír fóra do lume o queixo derreténdose entre a pasta aínda quente