soñando soñando
topei co futuro
era un morto
con ollos de ouro
que só pagaba con billetes grandes (eran falsos)
e nunca levaba calderilla nos petos
pasou por alí o pasado
e preguntoulle por que non levaba calzóns
o futuro calou como un puto
entón o presente dixo:
" para non ter que baixalos
cando lle dean polo cú"