domingo, 13 de abril de 2014

amor en ramos



COMENTARRIO LITERRARIO



Unha amiga entrañable escríbeme cartas parviñas e con elas mantén disque o noso amor. Si, si, a base de palabriñas. E cando non lle abondan as súas, recorre aos clásicos e pode chegar a dicirme, sen mencionar nin ao autor, cousas coma estas:

A mellor forma de quereres
é deixarme que eu te queira.....

Así, sen previo aviso, eu alucino. Deixarme que te queira? Ignoraba que había que pedir permiso. Na miña terra cando queres alguén, quérelo e punto, nin se che pasa pola cabeza que che teñan que deixar! Poste a querer con forza e fóra. Querer non ten mal ningún. Que se saiba, non lle fai mal a ninguén. O querer, coma o falar, non ten cancelas e todo o mundo asume isto coa mesma facilidade coa que unha galiña sobe ao pau dun galiñeiro para poñerse a clocar. Querer é algo espontáneo e libre. Non libro, libre. E mira ti que vir no libro dun "clásico" semellante tolería, déixame fóra do eixo.
E digo eu, ese permiso para que  un poida querer, onde o expiden? Na xefatura de tráfico anímico ou nunha delegación territorial de minusválidos emocionais? E, unha vez que o consegues, que podes facer con el que non puideses xa facer antes?
A ver, dime, é así como me queres?
Entón non me queres nada!
Se a túa forma de queréresme é deixarme que eu te queira, vaia  forma de querer!
E o mamalón son eu por andar a meditar en permisos selados e tramitados no baleiro.


Si, ás veces chegan cartas que abondo tiñan con seren telegramas.









lunes, 1 de julio de 2013

Espejitos de Colores part 6/7







Esta é a parte 6 de 7 en que está fragmentado o documental sobre a mentira dourada. Atención a todos os datos en 1ª liña de praia do hemisferio Sur. Unha aperta solidaria!  Todo iso que nos contades está a piques de suceder aquí e como non espabilemos vai aparecer arsénico ata nas xoubas en lata.



lunes, 27 de mayo de 2013

sábado, 20 de abril de 2013

are you experienced?




unha cousa é saber
e outra experimentar
iso que un sabe

saber, saber
non sabemos máis 
do que experimentamos

do cal se deduce
que non hai verdadero coñecemento
alén da experiencia
que temos con aquilo
que dicimos coñecer


resulta imprescindible
que pare vostede agora un momento
e medite, faga favor, 
na palabra experiencia
asegúrolle que lle resultará
toda unha (ausencia de) experiencia!









sábado, 6 de abril de 2013

sábado, 16 de febrero de 2013

dieta neolítica



castro marítimo de Baroña in  


Os castros non son meros apelotonamentos de construcións circulares nun promontorio, hainos dunha complexidade urbanística sorprendente. En Galicia encóntranse restos de máis da metade dos castros que se construíron en toda a  Europa Atlántica  e só este dato demostra a importancia do "celtismo" na nosa configuración cultural. Que aínda haxa mexebos que o poñan en dúbida non demostra máis que o profundo saco de prexuízos en que se fundamenta a súa ignorancia.