miércoles, 28 de diciembre de 2011

o fin e os medios



se algún día se me dá por limpar o cú
cun título universitario
tendo en conta que leva asina e timbre
do xefe do estado
terei que considerar primeiro seriamente
a alta probabilidade
de que con ese xesto inútil
acabe pillando almorrás

en xeral, lévome ben co mundo enteiro
pero non a calquera prezo

de Marcos Escudero
canteiro de Mós


martes, 27 de diciembre de 2011

jueves, 22 de diciembre de 2011

terraza con vistas



nunha terraciña con vistas
á Vía Láctea
podo distinguir a palidez nebulosa
das cidades humanas
brillando mates con cores de puticlú de deseño
cutre  prefabricado
e ti coméntasme divertida

e onde van eses sen paraugas?






lunes, 19 de diciembre de 2011

varrendo misoxinias



a única vez que aquel misóxino
que dicía amar a todas as mulleres
desexou abrazala tenramente
tivo que bailar coa vasoira
porque ela xa marchara
para sempre
do cárcere emocional
que o seu galanteo supermánico
custodiaba




domingo, 18 de diciembre de 2011

Os que imos morrer saudámoste, Cesaria.



Miss Perfumado. Cesaria Evora

Dxam morrê ta sonha 
Na sombra di odjo magoado 
Duma pequena gentil 
Di corpo perfumado.

Assim dxam morrê ô flor 
Na sombra di bo odjinho 
Dxam morrê ta sonha 
Assim cma pomba na sê ninho. 

Si pomba é feliz na sê ninho 
A mim também mi é feliz 
Na sombra di odjo ma carinho 
Di Miss Perfumado.

**********

Laisse-moi mourir en rêvant
A l'ombre du regard blessé
D'une gentille fiancée
Au corps parfumé

Laisse-moi mourir ainsi ô fleur
A lombre de ton petit regard
Laisse-moi mourir en rêvant
Comme la colombe dans son nid

Si la colombe est heureuse dans son nid
Moi aussi je le suis
A l'ombre du regard tendre de
Mademoiselle Parfumée








miércoles, 14 de diciembre de 2011

fontes

descoñezo case todo de min
de ti, só podo dicir que
es a que me dá a benvida
se por azar accedo
á terra dos soños
no país das mil e unha fontes


labirinto
petroglifo


sábado, 10 de diciembre de 2011

chove



o tempo existe ou non
segundo o que se faga con el

na pintura
nin para nin pasa
todo é simultáneo

mentres

os meus pensamentos
penduran das nubes
acristaladas
dos teus soños
e ti xogas distraidamente
a enredalos entre os teus dedos
non tires!






martes, 6 de diciembre de 2011

xélidomail de cibercemiterio

cando o brillo é de maís
no pavimento desolado
das beirarrúas desertas
na cidade opulenta
abonda con fregar
eses fulgores
con mexo de can abstracto
e todo lampexo queda clausurado
ata nova cera

domingo, 4 de diciembre de 2011

lectoescritura



quen le poida que nunca escriba
pero quen escribe, le
non hai escritura sen lectura

sábado, 3 de diciembre de 2011

pitufinos




acabo de chegar de PITUFILANDIA
é un país moi moi raro
ten máis poetas que poemas
e todo o mundo pregunta por que
se buscas en google a resposta
haina pero encriptada
en razoamentos inservibles

os pitufipoetas só chegan a sentir
algo semellante á poesía
no momento de morrer
e fano soñando reencarnarse en letra impresa
nunha espiral gráfica infinita

Mariano está nesta entrada
non por casualidade:
é o pitufo maior,
sen pretensións literarias
saiu comandante de Pitufiworld




lunes, 28 de noviembre de 2011

a soas contigo

a soidade adáptase
á felicidade
como a auga
ao recipiente
que a contén
e
contamínase
coa mesma facilidade

o isolamento é auga
contaminada de incertidumes

(ti e máis eu somos senlleiros
gozando desta felicidade efémera
e deixamos  as nubes pasar
por debaixo dos nosos paseos)

sábado, 26 de noviembre de 2011

agoriña mesmo

o tempo non debe existir
alén dos límites mentais
dos cómputos humanos
por tanto
sempre
e
nunca
posiblemente sexan as máscaras
en que oculta a súa pelaxe
o can vagabundo
do instante
que para entendernos
chamamos
agora
agoriña mesmo


as horas moscas no té

miércoles, 23 de noviembre de 2011

cantos gregorianos

ABRIL

espertamos pola mañá moi cedo
intrigados polo canto mecánico dun paxaro
abrimos a ventá
entra o ruído do tráfico (parece mentira a esa hora xa)
e poñémonos a mirar a mirar
e caemos na conta

só era un cuco
poñendo os seus niños
en ovo alleo

paxaretadas tecnolóxicas

sábado, 19 de noviembre de 2011

domingo, 13 de noviembre de 2011

viernes, 11 de noviembre de 2011

luar na lubre

O luar aniña nas nubes
dos teus ollos prácidos
e caen ovos pintados
de noite traslúcida
bordados de lunares
fosforescentes
con festóns grises e negros


azul profunda e
verde a miña voz
ámate
como o mar ama
as súas mareas
recorrentes

martes, 1 de noviembre de 2011

machus hipánicus

cando un mono azul
vira verde polo motivo que sexa
non tarda en volverse lila
despois de virar vermello de ira
amoraratado de rabia

coidado cos dentequeiros!
xean o sangue
dos sumidoiros
e o plasma das veas

como non me gusta
cargar as tintas
nin con culpas alleas
víro eu mesmo polícromo
e así entendo
o que pasa
e que pasa?
ná de ná!
xa

ai, o varón hispano
ese mamut extinguido
cando aprenderá a ser algo femia
e un chisquiño feliz?
se non custa nada!

outra vez a palabriña
Non, se hai vocablos
que unha vez subliñados
teiman en perseguírente
de por vida
que fixación!




imaxe cedida por Orola para o mundo

sábado, 29 de octubre de 2011

cancelas

o falar non ten cancelas
e o meu corazón
vai desencriptado
fóra das palabras

hoxe traduzo só
a linguaxe do tacto
sintagmas de aloumiños líquidos
os meus beixos paradigmáticos
exploran os territorios da simultaneidade
deste gozo-presencia
en desorde sinestésica

non hai nada que entender
para chegar a tocarte.

domingo, 23 de octubre de 2011

sábado, 15 de octubre de 2011

FÁLLAME A INSPIRACIÓN



FÁLLAME A INSPIRACIÓN
E SÓBRAME EXPIRACIÓN
Hoxe nin con cervexas
Nin con cava
Dou enfiado nada
Que se pareza a iso que
Adoitamos chamar poesía
Será porque algo falla
Nos recunchos
Máis intimos
Do meu corazón sitiado
Por altofalantes que exudan
Unha melopea inhóspita
De pronomes recheos
De nada a punto de caramelo
CON PERMISO DA REVOLUCIÓN 


domingo, 9 de octubre de 2011

POEMA OMNÍVORO


Podo converter
un rumor de remos
rimando remesas de risas

En misas de mesas
Redondas onde amasar
Empanadas de rosas

Dádeme unha panca
E convertireinas
En brisa GRIS

Mentres arrefrían
un par de ovos da casa
e un chouriso da aldea
con patacas do país

PERO isto non significa nada!
Non tiña por que
Pero polo de pronto
Significa
Que como de todo
(Menos carnaza e mocos fosforescentes)




lunes, 26 de septiembre de 2011

pensando mátote



NON SON EMO, POR DEUS!
SON  O DEMO!
Acabo caendo na conta
Que en todo isto que escribo
Falta emoción
E sobra argumentación
Está máis próximo
Ao mundo das ideas
Que ao mundo conmovedor das emocións
Falta función emotiva
E, sen embargo,
Consíderoa imprescindible.
E moito me temo que para subsanar a carencia
De nada vai valer poñerse a pensar.



sábado, 24 de septiembre de 2011

fóra da granxa


Todo son vantaxes inesperadas.
Ás veces a sorpresa vén chea de vérmes
O que non mata engorda

Outras veces o imprevisto
Vén envolto en papel de regalo
E cando abres
Non hai nada

E case sempre sucede
Que depende
Da interpretación que lle deas
Todo ten como mínimo dúas caras

Toda espectativa
É unha frustración
En potencia
Pero tamén pode ser
Unha ansia colmada



convivir





para quen come só
o mundo é unha trampa rateira


para quen se acompaña
o mundo está cheo de posibilidades
e praceres distinguidos







sábado, 17 de septiembre de 2011

dados ao azar



Recibes unha carta de amor
Preciosa
Chea de beixos, apertas e cariño
Non ten remitente
Nin destinatario
No sitio onde debería aparecer a asina
Aparece (Cuba)
Volve ler
Non é unha carta
É a páxina dun diario

Un rexistro de beixos
E apertas
Dados
Ao azar



jueves, 15 de septiembre de 2011

conclusión conclutiva



O nihilismo e o nada
Afogaron por non nadar
Só safou un nadiña de nada
O xusto
Para non desquilibrar a balanza
E porque sempre ten que haber de todo
No saco

jueves, 1 de septiembre de 2011

cuestións monotemáticas

daquela.....somos o mesmo con A que con B? e con A+B?
                 somos igual AQUí   e ALí?
                                    ANTES e DESPOIS?
pregunto. Que permanece diso que chamamos EU a medida que imos atravesando os cambios? 


andará a resposta no vento?
ten algo que dicir ao respecto a física cuántica?
e o I Ching?


maybe logic

domingo, 28 de agosto de 2011

ciclos

Unha onda empezou a súa andadura
non se sabe cando
nin cando escachará en estrondo
contra a area

ou se o fará
contra os muros graxentos
da cidade
enferma
de papel moeda.


énfase fática


si, podería publicar neste momento
en nome de alguén
descoñecido
un auténtico e luminoso
sinal de sos

pero agora mesmo detecto
graves problemas de transmisión

por iso esta mensaxe mudou
en comunicado fático


morse oblicuo


Non chegarei onde chegan estas ondas
recheas de renuncia por
deshibición persistente
da realidade
en contra.

Fallan todos os parámetros
virtuais
capaces de crear
sensación de simultaneidade insensata
nas
coordenadas oblicuas
da
desolación.



fóra da feira


Choro, logo existo.

Río, é que me estou inventando.

Insisto, reinvéntome
para non vender nin venderme
na feira do control.




xestos



Se non podes entender este libriño que escribo
sería de ben tolos tentar entendérmonos
de ningunha outra maneira.

A escritura é unha mentira limpa.
A fala unha verdade sucia, chea de cháchara.






domingo, 14 de agosto de 2011

viernes, 12 de agosto de 2011

digo eu



verdadeiramente, se nos paramos a pensar.....
coñece alguén a alguén?
coñécese un a si mesmo?
somos igual cando estamos con A que cando estamos con B?
somos sempre o mesmo?
os outros non son proxeccións que facemos de nós mesmos?
que nos permitimos?
cantos cadeados temos?
están todos dispoñibles para seren abertos?




transparencias


Se ela existe, compadézoa
Se non existe, compadézote a ti
Abafando nas propias máscaras
E nas alleas

a invisibilidade é relativa
a visibilidade tamén







hai que ver




Hai que ver como bebemos
e tamén como vivimos
hai que ver o que tal vemos
e como o resistimos