martes, 31 de enero de 2012
sábado, 28 de enero de 2012
os tres bes
nin boa
nin bonita
nin barata
tes pés pequeniños nos pes alados de paciencia sen límites
nin mala
nin fea
nin cara
tes es modelados en erros de éter
nin grande
nin pequena
nin medible
tes erres múltiples de rochas rústicas coroadas do romeu dos viaxeiros
nin previsible
nin invisible
nin predicible
tes o ese senlleiro da saudade do sal
non poden prenderte
nin desprenderte
nin deixarte colgada
tes os de olivas orientais na ollada
non poden mangonearte
nin pedalearte
nin encenderte
nin apagarte
tes as de ás de árbore armada de amor
non poden invadirte
nin manipularte
nin comprarte nin venderte
porque es unha persoa con potencial infinito
nin bonita
nin barata
tes pés pequeniños nos pes alados de paciencia sen límites
nin mala
nin fea
nin cara
tes es modelados en erros de éter
nin grande
nin pequena
nin medible
tes erres múltiples de rochas rústicas coroadas do romeu dos viaxeiros
nin previsible
nin invisible
nin predicible
tes o ese senlleiro da saudade do sal
non poden prenderte
nin desprenderte
nin deixarte colgada
tes os de olivas orientais na ollada
non poden mangonearte
nin pedalearte
nin encenderte
nin apagarte
tes as de ás de árbore armada de amor
non poden invadirte
nin manipularte
nin comprarte nin venderte
porque es unha persoa con potencial infinito
martes, 24 de enero de 2012
transporte de superficie
un túnel leva a outro
na rede absurda de galerías
eu vou contigo máis alá
no transporte de superficie
como quen vai ao amparo
da sombra dos menhires
rara habilidade
coñecín alguén cunha estrañísima habilidade:
os seus escritos pasaban por diante dos cristais dos meus ollos
sen deixar rastros
o colmo dos colmos
coidarse un paracaidista
e decatarse un chisco antes de estamparse
que non leva paracaídas
porque esqueceu
que aínda non se inventaron
lunes, 16 de enero de 2012
Suscribirse a:
Entradas (Atom)