sábado, 28 de enero de 2012

os tres bes

nin boa
nin bonita
nin barata
tes pés pequeniños nos pes alados de paciencia sen límites

nin mala
nin fea
nin cara
tes es modelados en erros de éter

nin grande
nin pequena
nin medible
tes erres múltiples de rochas rústicas coroadas do romeu dos viaxeiros

nin previsible
nin invisible
nin predicible
tes o ese senlleiro da saudade do sal

non poden prenderte
nin desprenderte
nin deixarte colgada
tes os de olivas orientais na ollada

non poden mangonearte
nin pedalearte
nin encenderte
nin apagarte
tes as de ás de árbore armada de amor

non poden invadirte
nin manipularte
nin comprarte nin venderte
porque es unha persoa con potencial infinito

No hay comentarios: