domingo, 28 de agosto de 2011

ciclos

Unha onda empezou a súa andadura
non se sabe cando
nin cando escachará en estrondo
contra a area

ou se o fará
contra os muros graxentos
da cidade
enferma
de papel moeda.


7 comentarios:

angola dijo...

Ás veces penso que o mar é alleo ao tempo, que só sabe de ciclos e mareas. Que esa onda inicial é sempre a mesma, só cambia o que topa en terra. E se o que topa son os muros de aceiro do mercado bursátil, tanto mellor. A base de insistir acabará con eles.

poesiapopi dijo...

Terapia de sal contra o virus do diñeiro virtual, non soa nada mal. Desde logo, a rima está garantida; e sen algo rima é por algo.

Anónimo dijo...

Si, si, si. Que quedamos non sei cando nin onde en falar de vagar do tema e aínda nin empezamos. A maxia das rimas camufladas, os ecos distorsionados que tan arteiramente aparecen nas mensaxes publicitarias e na linguaxe do poder. Ide abrindo a investigación peripatética porque imos necesitar todo tipo de referencias. Un saúdo ao clube dos poetas poeirentos.

poesiapopi dijo...

desempoeirándose, Hipocrimán, poetas poeirenta-o-s en fase de compactación. Empeza a conta atrás para un novo voo seissentosinco. Boa viaxe a tod-a-o-s e que dure mentres haxa combustible pa queimar!

angola dijo...

Un momento! Falta Orola. Agardaremos a que apareza. Necesitamos da súa falta de previsión e do seu optimismo enfermizo. A última noticia que temos é que andaba espantando arañas nunha casa vella, agardemos que non perdese a chave con ela dentro!

Anónimo dijo...

Pola conta que lle ten, xa aparecerá. Tentaremos abrirlle unha colcha para que a aterraxe non lle sexa traumática de máis. Buscarei entre as silveiras!

orola dijo...

pola conta que me tivo xa aparecín. O meu voo é o 618 pero tentaremos sincronizarnos.