sábado, 3 de marzo de 2012

sentidiño



Todo o que non podemos percibir polisensorialmente
claro que existe
pero só de maneira virtual.

Carece de profundidade
e, por tanto, carece de verdade.

Estamos a falar de fenómenos mentais, míticos, non empíricos.
que pertencen ao territorio da abstracción.
Ese non lugar onde sempre ten posta a tenda de campaña
a máis louca insania,
esa interferencia que carece de soporte material
para ser tocada
para ser oída
para ser vista
para ser gustada
para ser ubicada
para ser ulida
de maneira simultánea.

Se cadra, é por iso que a sinestesia cobra tanto interese.
Da súa man podemos levar a percepción
ao territorio do mito como quen
soñando
con plena consciencia de estar soñando
ten un soño
dentro doutro.




Soño nº 6 
Óscar Méndez Lobo







2 comentarios:

orola dijo...

cando te pos a pensar metes medo, Popi. O da sinestesia deixoume anestesiada de vez. Un soño dentro doutro, non me estraña que me sinta un pouco mareada! Tes algunha pílula para recuperarme?

poesiapopi dijo...

Teño un resto de comprimidos poliestésicos por aquí pero creo que xa están caducados. Probaremos cunha infusión de guiski do século pasado. A ver se funciona.