martes, 5 de junio de 2012

quen ten cú.....






ás veces póñome a pensar......en nada e suspendo tal exercicio por inoperante e porque sei que por aí non vou a ningures e a min gústame case sempre ir a ningures cando boto unha ollada fóra do meu paraíso persoal onde non hai que pensar para ser e o que é pode ser por moi absurdo que sexa ou que poida parecer. Apago a máquina profundista, apago toda idea mental (epíteto con énfase): o que vexo, o que oio, o que toco, o que ulo, o que saboreo é sen explicacións nin necesidade ningunha de demostración, e iso que é de maneira irrefutable son eu, así de simple. O resto é borralla, cinsa de algo que nalgures ardeu sen ánimo de memoria, apenas a calor dun momento nun frío discontínuo no ámbito difuso dun soño do que cun pouco de sorte non quedan máis marcas que as caligráficas, esa calcomanía, e algunhas facturas frafmentadas en recibos que sempre se pagan porque quen ten cú ten medo e quen ten medo non vive...........máis que para o seu cú



                                                                  imaxe de Uelsmann




No hay comentarios: