lunes, 27 de mayo de 2013
sábado, 20 de abril de 2013
are you experienced?
unha cousa é saber
e outra experimentar
iso que un sabe
saber, saber
non sabemos máis
do que experimentamos
do cal se deduce
que non hai verdadero coñecemento
alén da experiencia
que temos con aquilo
que dicimos coñecer
resulta imprescindible
que pare vostede agora un momento
e medite, faga favor,
na palabra experiencia
asegúrolle que lle resultará
toda unha (ausencia de) experiencia!
sábado, 6 de abril de 2013
viernes, 29 de marzo de 2013
sábado, 16 de febrero de 2013
dieta neolítica
Os castros non son meros apelotonamentos de construcións circulares nun promontorio, hainos dunha complexidade urbanística sorprendente. En Galicia encóntranse restos de máis da metade dos castros que se construíron en toda a Europa Atlántica e só este dato demostra a importancia do "celtismo" na nosa configuración cultural. Que aínda haxa mexebos que o poñan en dúbida non demostra máis que o profundo saco de prexuízos en que se fundamenta a súa ignorancia.
Documental sobre o legado celta galaico : http://www.rtve.es/alacarta/videos/el-documental/documental-2-legado-celta-galicia/1686486/
jueves, 20 de septiembre de 2012
jueves, 2 de agosto de 2012
hiedonismo
soñando soñando
topei co futuro
era un morto
con ollos de ouro
que só pagaba con billetes grandes (eran falsos)
e nunca levaba calderilla nos petos
pasou por alí o pasado
e preguntoulle por que non levaba calzóns
o futuro calou como un puto
entón o presente dixo:
" para non ter que baixalos
cando lle dean polo cú"
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


