martes, 6 de marzo de 2012

poeta lila



POETA LILA

Poeta lila, o peito de pulgón
próeche,
poeta picado, a vida bole
e as vilas arden ( e con elas a cidade)
e o céo esquece a choiva,
as túas plumas de pavo apenas rozan a epiderme da agonía.

Deserto, deserto, ollos fumigando
sobre os piñeiros substraídos,
cabeleira de xeada, os poetas
xogan a esganar cabalos, cans
(e aprópianse alegremente de toda a zooloxía)

Os ollos rabean, as linguas lamben o baleiro
o céo escoa nas orellas
como unha brevaxe de síntese e poliuretano
estou a prolongarme nos vosos dentes
homes, corazóns de sosa cáustica rebrandecida.

PARÁFRASE DESCARADA DE A. ARTAUD: Poète noir


retrato de A.Artaud de Fernando O'Connor




3 comentarios:

seara dijo...

Sabes que che digo? Que me parece macanudo empezar a darlle a volta aos calcetíns furados das vacas sagradas da progresía intelectual. Si señor, esas mulleres avinagradas de que fala o texto orixinal de Artaud deben ser o produto dunha imaxinación torturada polo opio e desa manía misóxina que domina ao longo de toda a civilización. Vista desde o punto de vista feminino, a túa paráfrase contribúe a equilibrar a balanza. Tremendo!

poesiapopi dijo...

Cala, cala. Artaud non é o único que se asaña coa muller. Penso nalgún poema de Corso ou de Beaudelaire, por non falar de pitufilandia neoliteraria. O teu comentario dáme ganas de especializarme en cataldar calecetíns de miseria mental pero creo que vou absterme polo menos de momento. Un saúdo, Sara.

orola dijo...

Anímate co de Corso, Popi, plis. Estou rabeando por velo. A fame e a gana de comer xuntas dan para unha boa festa. Veña!