viernes, 12 de agosto de 2011

digo eu



verdadeiramente, se nos paramos a pensar.....
coñece alguén a alguén?
coñécese un a si mesmo?
somos igual cando estamos con A que cando estamos con B?
somos sempre o mesmo?
os outros non son proxeccións que facemos de nós mesmos?
que nos permitimos?
cantos cadeados temos?
están todos dispoñibles para seren abertos?




4 comentarios:

Anónimo dijo...

Dicían os punks que non, que verdadeiramente nunca ninguén coñece ou ama a outro. Pero eu non sei que che diga. A min pensar así non me aporta nada.

angola dijo...

a min tampouco. É depresivo e deprimente. Ao mellor tampouco importa tanto coñecer ou deixar de coñecer. Se cadra trátase de vivir cada momento, con quen esteas, confiada e positivamente. E se as vibracións non molan, pois viras o rumbo e listo. Estou convencida de que sempre damos con quen temos que dar en cada momento se estamos ben aliñados co mundo e con nós mesmos.

poesiapopi dijo...

Vaia, vaia, vaia. Que temos aquí? unha reunión cibernética ao completo. Vostedes teñen todos os papeis ciberimaxinarios en regra?

angola dijo...

Todos indocumentados e pesimamente informados. Suxiro que as preguntas se fagan unha a unha, en batería vai ser complicado dar conta de todas a un tempo. Chove?