Recibes unha carta de amor
Preciosa
Chea de beixos, apertas e cariño
Non ten remitente
Nin destinatario
No sitio onde debería aparecer a asina
Aparece (Cuba)
Volve ler
Non é unha carta
É a páxina dun diario
Un rexistro de beixos
E apertas
Dados
Ao azar
6 comentarios:
Coidadiño coas cartiñas preciosas, que traen veleno incorporado por algunha Sociedade Anónima divina do demo!
Perde coidado, Sara, o escepticismo ben dosificado sempre será un bo antídoto contra "as ansias carnívoras do nada"
Por unha vez estou de acordo coas dúas. En que cabeza cabe un texto mutante?
Na cabeza de calquera que estea disposto a crer en algo tan fóra de tono como a comunicación literaria.
Ostias! temos visita ilustrada!
Benvida sexa. Un bo tirarrollas posibilita o acceso a pequenos fragmentos de felicidade eventual. E estamos aprendendo a facer algo con ela, sen caer en degradacións.
Publicar un comentario